PROGRAMACIÓN APLICACIÓNS GIS

As aplicacións informáticas realizan un gran número de funcións que requiren tempo e formación específica. Debido a estes dous factores, permitese a persoalización de case calquera aplicación para adaptarse ao fluxo de traballo de cada usuario. Para iso, úsanse scripts, que son pequenos conxuntos de ordes que executa un software específico que permite a automatización de tarefas.

O traballo diario cos Sistemas de Información Xeográfica leva consigo tarefas pesadas como o xeoprocesamento ou a composición de mapas que en moitos casos podense axilizar con tarefas de persoalización a través dunha linguaxe de programación que permita a realización de scripts.

A gran parte do GIS permite a automatización de tarefas a través de Python. Pythom é unha linguaxe de programación libre, multiplataforma e de código aberto que é potente e fácil de aprender. É amplamente utilizado e compatible cos sistemas de información xeográfica.

En OBIUT temos unha ampla experiencia na realización de aplicacións GIS para a automatización de procesos en diversos proxectos.

Voltar a web